miércoles, 1 de junio de 2011

A MULLER NA CUNCA DO LEITE E A CUNCA NO SUMIDOIRO



Eu quixera saber
a deriva exacta deste abafo.

Se a femia lánguida
se perderá polo sumidoiro,
xunto coa última pinga de leite.
Ou se a cunca esgarecida
na que descanso
conseguirá manterse a flote.

O cabelo adúbase
con esferas de xabón
e o pouso aínda conserva
as nádegas quentes.

Natalia Alonso Ramos (2010)

No hay comentarios:

Publicar un comentario