martes, 17 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO


Lois Pereiro retratado por Vari Caramés

Tristemente convivo coa túa ausencia

sobrevivo á distancia que nos nega

mentres bordeo a fronteira entre dous mundos

sen decidir cal deles pode darme

a calma que me esixo para amarte

sen sufrir pola túa indeferencia

a miña retirada preventiva

dunha batalla que xa sei perdida

resolto a non entrar xamais en ti

pero non á tortura de evitarte.


Lois Pereiro (Día das Letras Galegas 2011)

No hay comentarios:

Publicar un comentario